"O Sal do mar e outros contos mariñeiros" TEATRO DEL ANDAMIO (GALICIA)
Antolatzailea: TEATRO DEL ANDAMIO
Online salmenta itxita.
Informazio gehiago jasotzeko ekitaldiaren antolatzailearekin harremanetan jarri.
Antolatzailearen datuak "Antolatzailea" eremuan daude.
Gertaeraren xehetasuna
A Iago gústalle o mar e a aventura... A Marina tamén.
Milleiros de veces Iago xogaba co seu avó a ser mariñeiro: dar
unha volta ao temón, tocar a campá, subir na ponte de mando do
capitán... E a Marina tamén. Eles aínda non se coñecen, pero hoxe
vanse coñecer.
Iago terá que pasar todas as probas da capitá Marina: fregar a
cuberta, facer a verdadeira tortilla mariñeira... e despóis os dous
compartirán os seus tesouros máis valiosos... os que lles deixaron
os seus avós. Quérelos descubrir con nos?
“O sal do mar” é un espectáculo dirixido aos máis pequenos que
pretende espertar a curiosidade por aquilo que sucede o seu
carón, respondendo a preguntas para as que non teñen resposta:
por que a auga do mar é salgada? que significa a palabra
“encallar”? como suceden as mareas?
Un bulebule de creatividade que xoga coa súa imaxinación
mediante historias que viven nos recordos dos avós dos
protagonistas.
Duración: 50 minutos.
Recomendado a partir dos 3 anos
Premio del público al Mejor Espectáculo Infantil de la XLII Mostra de Teatro Internacional de Cariño 2020
Iritziak (3) 3 Iritziak