Select your tickets
Online sales are closed.
For more information please contact the organizer.
The organizer's data is in the "Brought to you by" section.
Event details
Cando o chifro soa e roda a tarazana, as navallas e os coitelos abandonan os petos e os fondos dos caixóns, onde durmen. Ocupan a rúa. Procuran un novo fío. Buscan cortar de novo. Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva.
A pedra está amolando as nosas cancións, deixándoas ben xeitosas para partir polo medio a intolerancia que nos está a invadir. Esperta o coitelo do seu soño. Saca a túa navalla preferida. Déixanos acompañarte a darlle unha tallada a esta verbena mundial na que vivimos.
Access policy
Comments
1